Finalizado
2023 / Cursos
Compartir:
Curso "Introducción á enfermidade de Alzheimer e enfermidades similares"
Unha vintena de estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social completaron a undécima edición do Curso "Introducción á enfermidade de Alzhéimer e enfermidades similares" impartido nos últimos tres meses no Campus de Ourense.
Esta iniciativa da Fundación Dorzán é unha aposta pola formación como medio para acadar o obxectivo de aplicar unha asistencia cualificada e prestacións de calidade ás persoas maiores dependentes.
Os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a enfermidade de Alzhéimer, os tratamentos farmacolóxicos, os recursos institucionais, o papel das familias nesta enfermidade, etc., contribuirán a unha mellor atención ás persoas afectadas por persoal cualificado e abrirá novas oportunidades laborais ao alumnado participante.
Na clausura desta edición participaron Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social; Sara Ruiz, vicepresidenta de AFAOR e Juan Ramón Álvarez Blanco, presidente da Fundación Dorzán.
Galería
Colaboran