Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Acto clausura curso

O venres 11 de Abril tivo lugar na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, o acto de clausura da segunda edición do curso "Atención especializada a enfermos de alzheimer", organizado pola Universidade de Vigo, Afaor e a Fundación Dorzán, que contou coa presenza de D. Alberto Vaquero (Director da área de Descentralización do Campus de Ourense), Dª. María del Carmen Pérez (Secretaria de Afaor) e D. Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación Dorzán).
 

Os participantes recolleron con satisfacción os diplomas que acreditan os seus coñecementos especializados nesta materia e a súa capacitación para traballar con enfermos de alzheimer.
 

Durante o curso, celebrado nos meses de febreiro, marzo e abril, que financiou na súa totalidade a Fundación Dorzán, os vinte alumnos participantes adquiriron coñecementos xerais da enfermidade, coñeceron os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que se poden desenvolver para estimular e coidar o paciente, achegáronse aos aspectos legais que afectan a esta doenza e viron como funcionan as asociacións que axudan a este colectivo.

Compartir:

Fundación Dorzán
Seadfood Age
Domusvi
La Región
Funga
Universidade de Vigo
Cáritas
Consellería de Política Social
Afaor
Consellería de Sanidade
Telemiño
Concello de Toén
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar