Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Beca Fundación Dorzán 2018 - Conclusiones

As conclusións do proxecto gañador da Bolsa Fundación  Dorzán 2018, “Presenza e potencialidades da educación social no ámbito da intervención con persoas maiores”, foron entregadas á Fundación despois de varios meses de investigación. O traballo foi realizado grazas a unha bolsa de investigación sobre a terceira idade que anualmente convoca a Fundación  Dorzán no marco dun convenio de colaboración coa  Universidade de Vigo.

 

Os autores do estudo, José María  Faílde Garrido, Doutor en Psicoloxía e profesor titular da  Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, e Laura Ruiz Soriano, graduada en  Eduación Social e investigadora  predoctoral, destacaron como o traballo da educación social no cada vez máis importante campo da terceira idade “é un tema relevante para unha profesión emerxente como é a de educadora ou educador social, que necesita  visibilización. Aínda que os educadores sociais teñen aínda pouca presenza no ámbito da intervención con persoas maiores, consideramos que esta disciplina está chamada a desempeñar un papel importante nesta área, que se configura como unha das saídas profesionais máis destacadas”.

 

Os autores crearon un directorio actualizado e detallado de recursos de atención a persoas maiores en Galicia no que se determina cantas institucións contan con profesionais de educación social, os sectores concretos nos que interveñen actualmente, as funcións que desempeñan nos seus diferentes ámbitos de intervención, así como os factores que facilitan ou dificultan a participación dos educadores sociais.

 

O estudo tamén identifica e cuantifica a presenza de materias relacionadas coa xerontoloxía e xeriatría no currículo formativo dos educadores sociais na totalidade das universidades públicas e privadas do estado español. Igualmente recolle a avaliación do volume e impacto da produción científica realizada neste ámbito.

Compartir:

Universidade de Vigo
Funga
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Fundación Dorzán
Cáritas
Afaor
La Región
Domusvi
Telemiño
Concello de Barbadás
Seadfood Age
Consellería de Política Social
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar