Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

BECA Fundación Dorzán 2018

En colaboración coa Universidade de Vigo-Campus de Ourense, convócase  a segunda edición da “Bolsa Fundación Dorzán” 2018, co obxecto de facilitar  apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención ás persoas maiores, a xerontoloxía ou a xeriatría.

O ámbito da convocatoria esténdese a alumnos matriculados durante o curso 2017-2018 na Universidade de Vigo-Campus de Ourense e a persoal docente e investigador (PDI).

O prazo de presentación  da solicitude e a memoria explicativa do proxecto co que se pretenda optar á bolsa, finaliza o 21 de Maio de 2018.

A dotación económica do proxecto seleccionado ascenderá á cantidade global de 1.500,00 euros.

As bases da bolsa, así como a folla de inscrición atópanse dispoñibles na páxina web da Fundación Dorzán:

www.fundaciondorzan.org

Compartir:

Concello de Toén
Concello de Barbadás
Consellería de Sanidade
La Región
Seadfood Age
Consellería de Política Social
Domusvi
Cáritas
Afaor
Telemiño
Universidade de Vigo
Fundación Dorzán
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar