Axuda ás persoas maiores en tempos de pandemia
A directora de Cáritas Diocesana de Ourense, María Tabarés e o vicepresidente da Fundación Dorzán, Secundino Vidal, asinan un acordo para o desenvolvemento dun proxecto dirixido ao sector das persoas maiores: “Unha ollada ás persoas maiores en tempos de pandemia”.
Cáritas comprométese a desenvolver este proxecto durante 2021, xestionando axudas directas para proporcionar cobertura básica a vivenda, comida, subministracións e gastos farmacéuticos e sanitarios non cubertos polo sistema público. Está dirixido a persoas maiores de 65 anos, en situación de risco ou exclusión social, que polos seus baixos ingresos presentan serias dificultades para facer fronte aos gastos da vida diaria.
A dotación do proxecto financiado pola Fundación Dorzán ascende a 10.000 euros.
O proxecto tamén buscará promover hábitos e comportamentos para mellorar as súas condicións de vida, evitando o illamento social e a soidade non desexada.
Colaboran