Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Convenio Cáritas - Fundación Dorzán - 2023
"Acompaño-te"

A directora de Cáritas Diocesana de Ourense, María Tabarés e o presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco, asinan un convenio para o desenvolvemento dun proxecto centrado especialmente na soidade non desexada das persoas maiores: “Acompaño-te”.

Cáritas será a encargada de poñer en marcha durante 2023 este proxecto, dirixido a mellorar a calidade de vida e manter a autonomía das persoas maiores para que, na medida do posible, sigan envellecendo no seu propio fogar.
A loita contra a crecente soidade non desexada das persoas maiores e a precariedade derivada da situación económica actual son o principal obxectivo do programa. Para iso prestarase atención telefónica e presencial, acompañamento en trámites ante a administración e organismos privados, tramitaranse axudas directas para complementar a cobertura básica de vivenda, alimentación, subministros e gastos farmacéuticos e sanitarios non cubertos pola Administración pública.

A dotación do proxecto financiado pola Fundación Dorzán ascende a 15.000 euros.
 

Colaboran

Compartir:

Galería

La Región
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Universidade de Vigo
Seadfood Age
Concello de Toén
Funga
Domusvi
Consellería de Sanidade
Concello de Barbadás
Consellería de Política Social
Cáritas
Fundación Dorzán
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar