A Fundación Dorzán e o Servizo Galego de Saúde, a través do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, asinaron un convenio para desenvolver un programa de acompañamento a pacientes recentemente intervidos do departamento de Traumatología e Cirurxía do CHUO.
Este programa dirixido a maiores de 60 anos, con escaseza de recursos ou falta de rede social de apoio, consistirá no acompañamento no centro hospitalario para realizar exercicios de mobilidade prescritos polo servizo correspondente co fin de axilizar a recuperación para o regreso ao seu domicilio.
“Esta iniciativa coloca a EOXI de Ourense nun lugar pioneiro e avanzado no manexo deste tipo de situacións e dará aos pacientes ese empuxón moral para que se animen a levantarse da cama e a realizar os paseos que se lles prescriban” indicou Julio García Comesaña, xerente do CHUO.
O programa será tramitado e xestionado a través do Servizo de Traballo Social do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e será financiado na súa totalidade pola Fundación Dorzán.
Colaboran
Compartir: