A Fundación Dorzán e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) asinaron un convenio de colaboración, para prestar asistencia social ás persoas maiores que finalicen a súa hospitalización e que carezan de recursos ou dunha rede social ou familiar de apoio que garanta a súa recuperación.
O presidente da Fundación Dorzán, D. Juan Ramón Álvarez Blanco e a xerente de Xestión Integrada de Ourense, Dª. Eloína Núñez Masid, asinaron este convenio, pioneiro no seu xénero en Galicia, que facilitará a institucionalización de determinados enfermos que despois de pasar polo Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), entre o tempo que media entre a súa alta e o acceso a unha praza nun centro residencial público, necesiten un aloxamento alternativo que evite a prolongación innecesaria da súa estanza hospitalaria, así como para proporcionarlles unha atención sociosanitaria de calidade que garanta a súa continuidade asistencial.
Os beneficiarios que cumpran os requisitos establecidos, serán valorados polo Servizo de Traballo Social del Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e recibirán a atención sociosanitaria na Residencia Dorzán-Geriatros.
Compartir: