Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Curso de formación - Universidade de Vigo (Presentación)

No Campus Universitario de Ourense celebrouse a presentación do curso "Atención especializada a enfermos de alzheimer", froito da colaboración entre a Universidade de Vigo, Afaor (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense) e a Fundación Dorzán.

O curso está limitado a vinte prazas e terá unha duración de sesenta hora, das cales corenta seán de de teoría e vinte de prácticas. Está dirixido principalemente a estudantes e profesionais do ámbito das ciencias da saúde, como Traballadores Sociais, Psicopedagogos, Psicólogos e Terepeutas ocupacionais. Conta con recoñecemento dun crédito ECTS e de dous créditos de libre elección, sendo ademais declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade.

A Fundación Dorzán aposta pola formación, e neste caso pola formación especializada, como elemento crave para facilitar o acceso a coñecementos e técnicas específicas para o coidado de persoas cunha enfermidade cada vez máis estendida como é o alzheimer e outras demencias asociadas. Contribuir, a través da formación, a mellorar o coidado das persoas que padecen este tipo de demencia e abrir a posibilidade dunha nova vía laboral para os alumnos, nun sector necesitado de profesionais con coñecementos específicos sobre a materia, son os dous principais obsectivos deste curso.

Ao acto asistiron Dª María Lameiras Fernández, Vicereitora do campus de Ourense, Dª Mª Carmen Pérez Prieto e D. Oscar Doval, Secretaria e Xerente de Afaor, respectivamente, e D. Juan Ramón Álvarez Blanco y D. Secundino Vidal Rodríguez, Presidente e Vicepresidente da Fundación Dorzán.

Compartir:

Funga
Concello de Barbadás
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Consellería de Política Social
Consellería de Sanidade
Universidade de Vigo
Seadfood Age
Domusvi
Cáritas
Telemiño
Afaor
Concello de Toén
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar