Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Curso

No Campus Universitario de Ourense celebrouse a presentación da terceira edición do curso "Intervención socieducativa con persoas afectadas de Alzheimer", froito da colaboración entre a Universidade de Vigo, a Asociación de Alzhéimer de Ourense (Afaor) e a Fundación Dorzán. Ao acto celebrado nas instalacións da Universidade asistiron o Vicereitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a Decana de Ciencias Educación, Mar García Señorán; o Xerente de Afaor, Oscar Doval e o Presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco.
 

Esta iniciativa formativa, que financia a Fundación Dorzán, se desenvolverá durante os meses de febreiro, marzo e abril, e terá unha duración de sesenta horas, das cales corenta serán teóricas impartidas na Facultade de Ciencias da Educación e vinte de prácticas que se desenvolverán nas instalacións de Afaor, onde os alumnos vivirán a situación real de atender a pacientes con esta enfermidade e coñecerán de primeira man as terapias que aplican na asociación. Está dirixido principalmente á formación de alumnado universitario e a profesionais que traballan ou poden traballar con estes pacientes, como traballadores sociais, psicopedagogos, psicólogos e terapeutas ocupacionais. Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade e recoñecido pola Universidade con 2 créditos ECTS.
 

Como destacou o Vicereitor, Virxilio Rodríguez, "este curso é un exemplo do noso máximo compromiso por seguir intervindo naqueles aspectos sociais que precisan da nosa formación e investigación para mellorar a sociedade no seu conxunto". Pola súa banda a decana da Ciencias, Mar García Señorán, sinalou que "é vital establecer unha rede entre a Universidade e as entidades públicas e privadas encargadas de cubrir as necesidades de distintos colectivos co fin de mellorar a calidade de vida e benestar das persoas".
Cunha demanda moi superior ao número de prazas ofertadas, este curso tal e como explicou Juan Ramón Álvarez Blanco, Presidente da Fundación Dorzán, "ten unha dobre finalidade: por unha parte formar profesionais na atención especializada a maiores afectados por esta enfermidade, facilitando o acceso a coñecementos e técnicas específicas para o coidado de persoas con esta doenza cada véz máis estendida, e por outra, contribuír a mellorar a calidade de vida do amplo colectivo da terceira idade".

Compartir:

Enlaces

Concello de Barbadás
Afaor
Funga
Consellería de Sanidade
Seadfood Age
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Telemiño
La Región
Concello de Toén
Fundación Dorzán
Domusvi
Universidade de Vigo
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar