Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Entrega de diplomas curso

O venres 17 de Abril tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, o acto de clausura da terceira edición do curso "Intervención socieducativa con persoas afectadas de alzheimer", organizado pola Universidade de Vigo, Afaor e a Fundación Dorzán, que contou coa presenza de Antonio Fernández (Secretario da Facultade de Ciencias dá Educación), Juan Cid Pérez (membro da Xunta Directiva de Afaor) e Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación Dorzán).
 

Os vinte alumnos participantes, entre os que había tanto estudantes da Facultade de Ciencias dá Educación, especialmente de Traballo e Educación Social, como profesionais do sector das Ciencias da Saúde, recolleron os diplomas que acreditan os seus coñecementos especializados nesta materia e a súa capacitación para traballar con enfermos de alzheimer.
 

Durante o curso, celebrado nos meses de febreiro, marzo e abril, que financiou na súa totalidade a Fundación Dorzán, os alumnos adquiriron coñecementos xerais da enfermidade, coñeceron os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que se poden desenvolver para estimular e coidar o paciente, se achegaron aos aspectos legais que afectan a esta doenza e viron como funcionan as asociacións que axudan a este colectivo.

Compartir:

Concello de Barbadás
Consellería de Política Social
Concello de Toén
Afaor
La Región
Telemiño
Domusvi
Cáritas
Consellería de Sanidade
Funga
Universidade de Vigo
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar