Curso "Atención especializada a persoas con alzhéimer" 2018
O 17 de decembro tivo lugar o acto de entrega de diplomas da oitava edición do curso “Atención especializada a persoas con alzhéimer” que financia a Fundación Dorzán e que conta coa colaboración da Consellería de Sanidade, Afaor e Domusvi.
O acto celebrado na Delegación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Ourense, contou coa participación de Laura López del Castillo (Xefa Territorial de Sanidade), Mª Dolores Neira (Presidenta de Afaor), Luisa Villamarín (Directora de Domusvi-Ourense) e Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación Dorzán).
Os vinte alumnos participantes no curso celebrado durante o mes de novembro, recibiron un diploma acreditativo dos seus coñecementos e capacitación para a atención especializada a persoas maiores dependentes.
Durante o curso, que tivo unha duración de cen horas, ademais do contido da propia materia foron impartidos tres módulos especiais:
- “Visión médica da enfermidade”por Daniel García – Xefe de Neuroloxía del CHUO
- “Consideracións legais” por Arturo González Salve – Avogado
- “Alimentación e nutrición” por Cristina Conde – Farmacéutica de MILHFLOR
Compartir: