O I Concurso de debuxo e redacción “Novos e Maiores”, que convocou o diario La Región e a Fundación Dorzán, contou cun gran poder de convocatoria.
Máis de catrocentos escolares de Primaria, Educación Especial e ESO, e adultos maiores de 65 anos, demostraron ter unha gran sensibilidade e moitas vivencias á hora de expresar a relación entre avós e netos. Este era o obxectivo principal deste certame que tamén buscaba concienciar aos participantes da importancia do coidado na vellez e de fomentar as relacións interxeracionais entre os mozos e os maiores.
Houbo cinco categorías e os concorrentes ao premio escolleron presentar debuxos ou redaccións, segundo as súas habilidades particulares, sorprendendo ao xurado con magníficas creacións.
Nas instalacións do diario La Región, fíxose entrega dos correspondentes premios a cada unha das categorías, así como dun obsequio aos centros educativos dos alumnos participantes.
Compartir: