Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Entrega diplomas curso - Universidade de Vigo

O acto de clausura do curso "Atención especializada a enfermos de alzheimer", organizado pola Universidade de Vigo, Afaor e a Fundación Dorzán, que contou coa presenza de D. Alberto Vaquero (Director da área de Descentralización do Campus de Ourense), Dª. Ángeles Rodríguez (Vogal de Afaor) e D. Juan Ramón Álvarez Blanco (Presidente da Fundación Dorzán), os participantes recolleron con satisfacción os diplomas que acreditan os seus coñecementos especializados nesta materia e a súa capacitación para traballar con enfermos de alzheimer.

Durante o curso, celebrado nos meses de marzo, abril e maio, os alumnos adquiriron coñecementos xerais da enfermidade, coñeceron os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que se poden desenvolver para estimular e coidar o paciente, achegáronse aos aspectos legais que afectan a esta doenza e viron como funcionan as asociacións que axudan a este colectivo.

Polo éxito de participación, a satisfacción dos asistentes e a demanda deste tipo de formación, os promotores da iniciativa esperan poder volver repetila no próximo curso académico no campus de Ourense.

Compartir:

Concello de Barbadás
Seadfood Age
Afaor
Funga
Universidade de Vigo
Telemiño
Consellería de Sanidade
Fundación Dorzán
Cáritas
La Región
Domusvi
Consellería de Política Social
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar