Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

La Fundación Dorzán y Cáritas con los mayores de 65 años

O presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco, e o director de Cáritas Diocesana de Ourense, Anxo Feijoó Mirón, asinaron un convenio que poñerá en marcha un programa específico para axudar a maiores de 65 anos que estean en risco de exclusión social ou superasen xa o nivel de pobreza co obxectivo de que poidan ter unha vida máis digna.

A Fundación Dorzán achegará 30.000 euros durante os próximos tres anos, que se destinarán ao pagamento de necesidades básicas relacionadas coas subministracións como a auga ou a luz, a vivenda e a alimentación.

«En ningún caso estas axudas van asociadas a prazas residenciais, senón que se trata de que as persoas que se inclúan nestes programas poidan seguir vivindo nos seus domicilios dándolles precisamente unha cobertura básica para as necesidades máis urxentes" explicou o director de Cáritas, Angel Feijoó.

"A desigualdade social, acentuada pola crise económica actual, incide especialmente nun dos sectores máis vulnerables da sociedade como é o das persoas maiores, por iso, as dúas institucións xuntamos esforzos neste proxecto destinado a aliviar o risco de pobreza, a desprotección e a exclusión social dun sector tan vulnerable como é o da terceira idade.  Esta realidade é a que empurrou á Fundación a financiar este proxecto que se ben non poderá abranguer todas as necesidades, se polo menos contribuirá a mellorar os casos máis urxentes" sinalou o presidente da Fundación Dorzán.

Compartir:

Concello de Toén
Consellería de Política Social
Funga
Fundación Dorzán
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Telemiño
La Región
Consellería de Sanidade
Cáritas
Universidade de Vigo
Concello de Barbadás
Afaor
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar