Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

La Fundación Dorzán y Cáritas renuevan su compromiso en 2015 con los mayores en riesgo de exclusión

O presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco, e o vicepresidente, Secundino Vidal Rodríguez, renovaron co director de Cáritas Diocesana de Ourense, Ángel Feijóo Mirón, o compromiso subscrito o pasado ano con Cáritas, achegando a cantidade de 10.000 euros para o desenvolvemento dun programa específico de axuda a maiores de 60 anos que estean en risco de exclusión social ou superasen xa o albor de pobreza co obxectivo de que poidan ter unha vida máis digna.
Por segundo ano de colaboración de ambas as dúas entidades, o apoio económico destinarase a afrontar as necesidades e gastos máis perentorios destas persoas, como poden ser os recibos da luz, do aluguer e a propia alimentación.
Angel Feijóo Mirón, director de Cáritas Diocesana de Ourense, agradeceu "a colaboración e implicación da Fundación Dorzán cos maiores en risco de exclusión social, froito da cal, durante o ano 2014 se conseguiu paliar e previr situacións de desprotección en 53 persoas maiores de 60 anos que se viron beneficiadas por este programa".
Non podemos permanecer impasibles ante situacións críticas dun sector tan vulnerable, de aí o noso firme compromiso de colaboración e axuda, para paliar e previr situacións de desprotección nas persoas maiores" sinalo o presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco.

Compartir:

Seadfood Age
Telemiño
SERVICIO GALEGO SAÚDE - Xerencia de Xestión Integrada de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras
Cáritas
Concello de Toén
Fundación Dorzán
Universidade de Vigo
Consellería de Sanidade
Concello de Barbadás
Afaor
La Región
Domusvi
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar