Rúa Irmáns Villar, 11 Bajo - 32005 Ourense

ESP / GAL

Presentación curso atención enfermos de alzheimer 2014 (Universidade de Vigo)

No Campus Universitario de Ourense celebrouse a presentación da segunda edición do curso "Atención especializada a enfermos de Alzheimer", froito da colaboración entre a Universidade de Vigo, AFAOR e a Fundación Dorzán. Ao acto celebrado nas instalacións da Universidade asistiron Dª. María Lameiras Fernández, Vicereitora do campus de Ourense, D. Oscar Doval, Xerente de Afaor, e D. Juan Ramón Álvarez Blanco, Presidente da Fundación Dorzán.


Esta iniciativa formativa, que financia a Fundación Dorzán, desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo e abril, e terá unha duración de sesenta horas, das cales corenta serán teóricas impartidas na Facultade de Ciencias da Educación e vinte de prácticas que se desenvolverán nas instalacións de Afaor, onde os alumnos vivirán a situación real de atender a pacientes con esta enfermidade e coñecerán de primeira man as terapias que aplican na asociación. Está dirixido principalmente á formación de alumnado universitario e a profesionais que traballan ou poden traballar con estes pacientes, como traballadores sociais, psicopedagogos, psicólogos e terapeutas ocupacionais. Declarado de "Interese Sanitario" pola Consellería de Sanidade e recoñecido pola Universidade con 2 créditos ECTS e 3 créditos de plans a extinguir.

A Fundación Dorzán aposta pola formación, e neste caso pola formación especializada, como elemento crave para facilitar o acceso a coñecementos e técnicas específicas para o coidado de persoas cunha enfermidade cada vez máis estendida como é o alzheimer. Contribuír, a través da formación, a mellorar o coidado das persoas que padecen este tipo de demencia e abrir a posibilidade dunha nova vía laboral para os alumnos, nun sector necesitado de profesionais con coñecementos específicos sobre a materia, son os dous principais obxectivos deste curso” destacou en presidente da Fundación, Juan Ramón Álvarez Blanco. Pola súa banda, a vicereitora do Campus, María Lameiras, agradeceu a implicación das entidades neste curso e prometeu manter esta colaboración para "mellorar a empleabilidad dos nosos estudantes". Oscar Doval, Xerente de Afaor, indicou que "segundo os datos que manexa a asociación, o peso do alzheimer na sociedade ourensana é tal que, das 6.000 persoas que, aproximadamente, poderían estar afectadas por demencia senil, máis do 50% poderían ter alzheimer.

Compartir:

Funga
Afaor
Concello de Barbadás
Concello de Toén
Universidade de Vigo
Domusvi
Consellería de Sanidade
Fundación Dorzán
La Región
Cáritas
Consellería de Política Social
Seadfood Age
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar